Iste é o meu corpo, non me toques!!! CHUS PATO Cando
en que intre fomos esfolados e perdemos a pel a posibilidade de permanecer inmóbiles como os cabalos soportando a galerna día tras día? coa equipaxe ao lombo medimos a distancia entre o promontorio e o océano agardamos un tren, lembrarasme acaroada na ventá “trato de comprender …” doe o cuarzo xean as maos que o trasladan e o limpan con auga de chuvia a mente idéntica ás fragas da cor do bronce aos carballos a pel, as eguas, a equipaxe, o cuarzo a cor verde, translúcida, das augas como os liques somos contemporáneas
ESTE ES MI CUERPO, NO ME
TOQUES!!! ¿Cuándo
Traducción
de Chus Pato
|