Examen de ingreso en la academia platónica

Aspirante: María Xesús Pato Díaz
Calificación: no apta

CHUS PATO

Traducción: GONZALO HERMO








Todo ángulo es la intersección de dos líneas de sentido
esta convergencia atrapa/zurce la expansión infinita del sentido

M. sostiene que L. afirma:
Le sens indique la direction vers laquelle puede ser objeto de captura

todo ángulo es una detención/zurcido de sentido

la promesa de sentido es su propio rumbo

x (el sentido) no es una metáfora no significa no es el significado
x (el sentido) no es una metonimia no es un referente

x (el sentido) es la intersección entre (S) e (I)

todo ángulo es la intersección entre el orden simbólico y el orden imaginario
todo ángulo es la intersección entre la metáfora y la metonimia
como función que aplicada a ambos conjuntos, (S) y (I),
da como valor x, solo si x no pertenece ni al significado
ni al referente

un ángulo es un concepto espacial

*****

Cuando miras el reloj lo que ves es una sucesión finita de ángulos que puede repetirse
siempre que el reloj tenga cuerda, pila o batería

una sucesión finita de ángulos produce una esfera, esa que miras con nerviosismo creciente
porque temes no llegar con tiempo al mostrador de facturación

a muchas niñas de mi generación nos regalaban relojes el día de la primera comunión,
sabíamos entonces que

podíamos ser puntuales o no
que el buen funcionamiento de las horas dependía de los rubíes
los rubíes son piedras preciosas que se asocian con el corazón del tiempo

la intersección de dos líneas de sentido que son un ángulo constituye un concepto espacial

esta medición espacial transportable determina el paso de las horas; que puedas subir al tren y ver desde el viaducto tu ciudad natal o quedarte en el andén de la estación de esa misma ciudad natal

la intersección de las agujas del reloj indica el lugar donde las líneas de expansión infinita son zurcidas y es en consecuencia el grado cero que determina la sucesión imparable de la pérdida

gran parte de las niñas de mi generación recibíamos la primera comunión al cumplir los siete años o cuando alcanzábamos el uso de razón
era entonces cuando nos entregaban el reloj que indicaba que el uso de razón supone el establecimiento de aquella dimensión del tiempo, basado en la angulación finita, que puede repetirse siempre que el reloj tenga cuerda y que indica
la pérdida o captura del sentido en su expansión
la pérdida continua que es el tiempo en su transcurso
y que tú no deberías perder o transcurrir

                        allá te las compongas

la intersección de las agujas o posibilidad para que los ángulos sean reales constituye la pupila del tiempo

una pupila del tiempo es un corazón del tiempo son lugares que solo pueden darse en el lenguaje, son metáfora y pertenecen a (S); siempre que sigamos a M. que afirma que L.
sostiene una promesa de significado

********************

la niña que corre feliz y recoge cristales en una arena blanquísima y Tú, que repites su gesto
este recuerdo que se actualiza cada vez idéntico en su diferencia
se diría

todo

los cristales
pulidos por las olas
una y otra vez contra las rocas ata hacer de ellas arena blanquísima
las islas abriendo la boca de la ría al Atlántico
la esmeralda de las aguas
e incluso el muro granítico que cercó el arenal
sobrevolado por tamarindos ancianos
la niña y tú

se diría
vive ese todo
acogido al auxilio de la pupila del tiempo
de ahí que esa aparición no forme un collar de significación con otras pupilas
todas las cuentas de ese rosario son idénticas y a la vez distintas
eso dice
esa diferencia, dice
pero sí, dialoga con otras en expansión concéntrica
como cuando una estrella cae sobre la tela de las aguas de un lago
o las sísmicas que son mares de lava

la rosa que tu cuello luce de rosas engarzadas no significa
es reflexiva y otra

y
diríamos
que ese todo es determinado y no determinado
por los ángulos que en la esfera de tu muñeca señalan las horas
más bien
parece
parece un ancla la pupila que
obstruye la fuga del tiempo
de los ríos que van
y cantan
never
never
never







Exame de ingreso na academia platónica
Aspirante: María Xesús Pato Díaz
Cualificación: non apta

Todo ángulo é a intersección de dúas liñas de sentido
esta converxencia atrapa/zurce a expansión infinita do sentido
   
M. sostén que L. afirma:
Le sens indique la direction vers laquelle pode ser obxecto de presa
   
todo ángulo é unha detención/zurcido de sentido

a promesa do sentido é o seu propio rumbo
   
x (o sentido) non é unha metáfora non significa non é o significado
x (o sentido) non é unha metonimia non é un referente

x (o sentido) é a intersección entre (S) e (I)

todo ángulo é a intersección entre a orde simbólica e a orde imaxinaria
todo ángulo é a intersección entre a metáfora e a metonimia 
como función que aplicada a ambos conxuntos (S) e (I)
dá como valor x, só se x non pertence nin ao significado
nin ao referente

un ángulo é un concepto espacial

*****

Cando miras o reloxo o que ves é unha sucesión finita de ángulos que pode repetirse sempre que o reloxo teña corda, pila ou batería

unha sucesión finita de ángulos xera unha esfera, esa que miras con nerviosismo crecente porque temes non chegar con tempo ao mostrador de facturación

a moitas meniñas da miña xeración agasallábannos reloxos o día da primeira comuñón, sabíamos entón que
   
podiamos ser puntuais ou non
que o bo funcionamento das horas dependía dos rubís
os rubís son pedras preciosas que se asocian co corazón do tempo

a intersección de dúas liñas de sentido que son un ángulo constitúe un concepto espacial

esa medición espacial transportable determina o paso das horas; que poidas subir ao tren e ver desde o viaduto a túa cidade natal ou quedar na plataforma da estación desa mesma cidade natal

a intersección das agullas do reloxo indica o lugar onde as liñas de expansión infinitas son zurcidas e é en consecuencia o grao cero que determina a sucesión imparable da perda

gran parte das meniñas da miña xeración recibiamos a primeira comuñón ao ser de obra de sete anos ou cando acadabamos o uso da razón
era entón cando nos entregaban o reloxo que indicaba que o uso da razón supón o establecemento daquela dimensión do tempo, baseado na angulación finita, que pode repetirse sempre que o reloxo teña corda e que indica
a perda ou captura do sentido na súa expansión
a perda continua que é o tempo no seu transcorrer
e que ti non deberías perder ou transcorrer

                        vai ti saber como te vas compor

a intersección das agullas ou posibilidade para que os ángulos sexan reais constitúe a pupila do tempo

unha pupila do tempo e un corazón do tempo son lugares que só poden darse na linguaxe, son metáforas e pertencen a (S); sempre que sigamos a M. que afirma que L.
sostén unha promesa de significado

********************

a meniña que corre feliz e apaña cristais nunha area branquísima e Ti, que repites o seu xesto
esta lembranza que se actualiza cada vez idéntica na súa diferenza
diríase 

todo

os cristais
luídos polas ondas
unha e outra volta contra as rochas ata facer delas area branquísima
as illas abrindo a boca da ría ao Atlántico
a esmeralda das augas
e mesmo o muro granítico que cercou o areal
sobrevoado por tamarindos anciáns
a meniña e Ti

diríase
vive ese todo
acollido ao auxilio da pupila do tempo

de aí que esa aparición non forme un colar de significación con outras pupilas
todas as doas dese rosario son idénticas e á vez distintas
iso di
esa diferenza, di
pero si, dialoga con outras en expansión concéntrica
como cando unha estrela cae sobre a tona das augas dun lago
ou as sísmicas que son mares de lava

a rosa que o teu colo loce de rosas engarzadas non significa
é reflexiva e outra

e
diriamos
que ese todo é determinado e non determinado
polos ángulos que na esfera do teu pulso sinalan as horas
máis ben
semella
semella unha áncora a pupila que
obstrúe a fuga do tempo
dos ríos que van
e cantan
never   
never     
never